domingo, 24 de noviembre de 2013

MOCHILAS VIAXEIRAS EN MARCHA!


Os libros gustan da viaxe e da sorpresa, agardan nos andeis ou nos expositores por esa man que, ao abrilos, poña en funcionamento a maxia da lectura. A mochila viaxeira permitirá levar libros á casa para compartilos coa familia: ese conto que tanto nos gustou, ese libro de poemas que ten palabras fermosas, as imaxes dun álbum que tanto me abraiaron, esa música que fai bailar ás pedras, unha película, un libro que fala do tema que andamos a estudar...

Agardamos que as disfrutedes!


sábado, 2 de noviembre de 2013

CONVOCATORIA TRASLIENREDO




Aquí tendes os traslienredos por resolver. 




Lembrade que o prazo remata o 12 de novembro!!!

1º NA BIBLIOTECA

Esta foi a primeira visita dos nenos e nenas de primeiro á Biblioteca.

Nela, coñeceron a Traslí, a nosa mascota, que estaba vestida de cociñeira. 
Tamén disfrutaron dun conto moi especial, narrado pola nosa compañeira, Moncha: "El oso que amaba los libros"
E finalmente, recibiron os carnés para comezar co préstamo, xa que estes raparigos e raparigas, ao igual que o oso do conto, tamén aman os libros.







BIBLIOBOLETÍN PINGAS CURSO 2012 - 2013




TRASLÍ NO SAMAÍN

Esta semana adornamos á nosa mascota Traslí de Samaín con motivo da exposición de cabazas. A que nos quedou ben bonita? 

Ela xa estaba vestida de cociñeira, xa que este ano imos traballar ao longo de todo o curso, as receitas e a agricultura familiar a nivel de centro, posto que o tema do Salón do Libro deste vindeiro ano denomínase "Cociñando Contos", así como dende a UNESCO, o 2014  declarouse como Ano Internacional da Agricultura Familiar.