lunes, 23 de junio de 2014

Recomendacións lectoras para o verán

Cociña de contos

Dentro do programa Cultura 2007-2013 enmárcase a actividade interdisciplinar "Cociña de contos: Europa á carta". Trátase de traballar con contos da tradición oral europea que xiren arredor dun tema central: a alimentación e a cociña. Esta actividade lévase a cabo en diferentes países europeos e, no noso colexio, traballamos sobre dúas destas historias: "Sopa verde" e "Croco".

En Sopa verde, o alumnado de 4º preparou un puré de verduras coas verdurasque cultivaron no propio xardín do colexio ao longo do curso, facendo unha degustación do mesmo.

En Croco, o alumando de 1º realizou un obradoiro sensorial no que tiñan que identificar diversos elementos da cociña: vinagre, pementón, cacao, canela... por medio do olfacto, primeiro, e do gusto nunha segunda e última tanda de identificación.

Todo isto, precedido da lectura de cadanseu conto.


lunes, 19 de mayo de 2014

Mario Benedetti

No te quedes inmóvil al borde del camino,
no congeles el júbilo...

Dicen dos de los versos del escritor uruguayo Mario Benedetti, fallecido el 17 de mayo de 2009.
Poeta, novelista, dramaturgo, ensayista, crítico literario... su palabra sigue viva aguardando por lectores y lectoras de toda condición que quieran hacerla suya.
Por eso, desde este blog, queremos no sólo rendir homenaje a su figura cuando se cumple el V aniversario de su muerte, sino también animaros para que sus versos circulen, se repitan, se reciten de memoria...
Está en vuestras manos... y en vuestra voz. ¡Gracias!



Día do Libro

Con motivo do Día do Libro, fixemos esta bonita actividade organizada polo Equipo da Biblioteca, que consistiu nunhas "lecturas titorizadas" nas que os pequenos leron aos maiores e viceversa: 1º con 4º, 2º con 5º e 3º con 6º.

Todo un éxito!!



martes, 13 de mayo de 2014

Conto Viaxeiro

"A bruxa Lagareta" é unha divertida historieta creada polo noso alumnado de 1º para a actividade do "Conto Viaxeiro", que consistirá nun caderno composto por todos aqueles relatos elaborados nos centros educativos de Pontevedra que participaron.

Velaquí a nosa aportación.





sábado, 3 de mayo de 2014

Entrega de premios Traslienredo 2

Aquí están as fotografías da entrega de premios do segundo Traslienredo, que consistiu nunhas pegatinas para cada neno/a e unhas divertidas receitas de cociña para cada clase. 

Agora toca facelas e comprobar o resultado!

lunes, 10 de marzo de 2014

Restaurante Creativo

Esta gran cubertería, elaborada por todo o alumnado e profesorado do cole é o traballo co cal participaremos no Salón do Libro 2014 "Cociñando Contos", que comezará o día 14 de marzo e rematará o 5 de abril.

A través da temática da cociña, puxémonos mans ás tixolas e pucheiros e, con moito agarimo e a fogo lento, creamos as nosas mellores receitas, menús e pratos, en forma de adiviñas, poemas, contos e mais textos; representados en cada un dos cubertos de Traslí. 

O resultado foi este estupendo traballo do que estamos verdadeiramente orgullosos: "Restaurante Creativo".


martes, 25 de febrero de 2014

Visita de Teijeiro

Con motivo do traballo realizado o curso pasado sobre a obra de Antonio García Teijeiro, recibimos o pasado día 5 de febreiro a súa visita. Nela, realizáronse dúas charlas, unha para 2º, 3º e 4º e outra para 5º e 6º cursos. Tratáronse temas sobre os libros lidos polo alumnado, recitáronse poesías de Teijeiro, os nenos fixeron diversas actuacións, e para agradecerlle a visita, se lle fixo entrega dun vale pola edición do libro da Biblioteca así como unha reproducción de Teijeiro acompañado de Traslí en goma eva. Finalmente asinou os libros dos nenos.


domingo, 2 de febrero de 2014

Pazcionario

O pazcionario, unha actividade promovida polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística.

Estas pombas que decoran o vestíbulo do cole foron elaboradas por todo o alumnado do cole para celebrar o Día da Paz. A pomba vermella agocha as palabras negativas que voarán moi lonxe, mais a pomba branca recolle aquelas que quedarán entre nós para convivir en paz.

Moitas grazas a todos por colaborar!





Traballos realizados sobre Nelson Mandela

Aquí tendes os paneis cos traballos elaborados para conmemorar a Paz e homenaxear a figura de Nelson Mandela. Están todos expostos no vestíbulo do centro, por se os queredes ollar de preto. 

Paga a pena!

jueves, 30 de enero de 2014

Desexos de Paz

Os alumnos e as alumnas de 4º C elaboraron coa axuda da profe Isa, esta fermosa poesía para celebrar o Día da Paz. 


miércoles, 8 de enero de 2014

Recomendación lectora

Este Nadal, Traslí saboreou moitas das lecturas recomendadas pola nosa biblioteca... e a ti? Cal che gustou máis? Por que?

Se queres contárnolo, podes facer comentarios premendo no título da entrada e escribindo debaixo da mesma.

Grazas e a comentar!