Dentro do programa Cultura 2007-2013 enmárcase a actividade interdisciplinar "Cociña de contos: Europa á carta". Trátase de traballar con contos da tradición oral europea que xiren arredor dun tema central: a alimentación e a cociña. Esta actividade lévase a cabo en diferentes países europeos e, no noso colexio, traballamos sobre dúas destas historias: "Sopa verde" e "Croco".
En Sopa verde, o alumnado de 4º preparou un puré de verduras coas verdurasque cultivaron no propio xardín do colexio ao longo do curso, facendo unha degustación do mesmo.
En Croco, o alumando de 1º realizou un obradoiro sensorial no que tiñan que identificar diversos elementos da cociña: vinagre, pementón, cacao, canela... por medio do olfacto, primeiro, e do gusto nunha segunda e última tanda de identificación.
Todo isto, precedido da lectura de cadanseu conto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario